Primavera Europea

Castellano · Valencià / Català · Galego · Euskara · Aragonés · Asturianu · Aranés · English
Asina

POR UNHA EUROPA DAS PERSOAS

Construír a Europa das Persoas é posible.

Para iso, desde o Sur de Europa queremos rematar cos recortes e que paguen os responsables desta gran estafa. Imposto por unha élite política e económica, o austericidio empobrece a millóns de persoas e hipoteca o futuro das xeracións vindeiras. Esta Europa da Troika é cada vez máis desigual e insostible, e leva, por desgraza, a que cada vez máis xente perda a confianza no proxecto europeo.

No Estado español vívese de forma aínda máis crítica esta nefasta dinámica co drama do paro, a exclusión social ou a pobreza enerxética, así como os vergonzosos casos de corrupción. Ademais, desde a reforma da Constitución Española de 2011, priorízase o pago da débeda antes que calquera investimento social e ecolóxico. Por se fose pouco, asistimos tamén á volta a un Estado centralista e autoritario, que adopta as súas decisións nos niveis máis alonxados posibles da cidadanía, negando a súa plurinacionalidade e recortando democracia e autogoberno.

Porén/strong>, nun mundo globalizado e interdependente, nunca tiñamos necesitado tanto a Europa. De feito, a Unión Europea é un dos espazos clave para loitar contra as grandes corporacións e os mercados financeiros, o cambio climático e os populismos xenófobos e excluíntes.

Por iso non nos resignamos e pasamos á ofensiva. Como cidadanía, queremos reinventar Europa desde a solidariedade, a democracia e a sostibilidade. Queremos recuperar a nosa soberanía política e exercela a nivel supranacional para consensuar un novo horizonte de vida digna e responsable. Queremos aportar respostas válidas para a maioría das persoas e acordes cos límites do Planeta.

Somos a Europa das persoas que aman o seu entorno e queren sostibilidade e solidariedade para hoxe e mañá, nos países do Norte e do Sur. Somos a Europa dos pobos que queren compartir valores, cooperar para prosperar e conxugar a diversidade lingüística, cultural nun proxecto común de dignidade, paz e benestar.

Desde a firme vontade democrática, a defensa dos dereitos e liberdades, a dignidade das persoas e os pobos, a xustiza social e ambiental, imos cooperar para facer posible unha PRIMAVERA EUROPEA.

#RESCATEMOSPERSOAS

Imos rescatar persoas. Para iso queremos políticas dotadas de investimentos para a creación de emprego nunha economía ao servizo das persoas e respectuosa co medio ambiente. Apostamos pola tolerancia cero contra a corrupción, a fraude, a evasión fiscal e os paraísos fiscais.

#DEMOCRACIAREAL

Queremos abrir un novo proceso constituínte europeo cara a unha Europa das Persoas e dos Pobos máis democrática e transparente. Queremos máis poder para o Parlamento Europeo, a institución con máis lexitimidade cidadá dentro das institucións europeas. Queremos transparencia no funcionamento da UE, e que estea ao servizo da cidadanía.

#SOLIDARIEDADE

Reclamamos unha nova Carta dos Dereitos Sociais para garantir educación, sanidade, xustiza e medio ambiente para toda/os, incluídas as persoas migrantes. Priorizamos a loita contra a pobreza e a exclusión social e reclamamos a apertura dun debate europeo sobre a renda básica de cidadanía.

#EUROPADOSPOBOS

Reivindicamos a Europa dos Pobos, e o o apoio e respecto da UE e a súa diversidade nacional, cultural e lingüística, incluíndo as minorías e nacións sen Estado. Rexeitamos o recorte da súa autonomía e procesos de decisión democráticos e reclamamos a participación real e efectiva das unidades subestatais na toma de decisións europeas, con especial atención ás Rexions Europeas Ultraperiféricas dotándoas da súa propia circunscrición electoral.

#DEREITOS

Reivindicamos un espazo de liberdade e seguridade para todas as persoas, libre de discriminación, racismo e xenofobia. Hoxe queremos defender e conquistar igualdade de dereitos para as mulleres e para os colectivos marxinados sexan LGTB+, persoas maiores, con diversidade funcional, etc. A Europa que queremos defende tamén os dereitos dixitais, a neutralidade e privacidade da rede.

#ECONOMÍAVERDE

Apostamos pola transición ecolóxica da economía (New Deal Verde) cara a outro modelo produtivo e de consumo baseado na economía social, sostible e do ben común, é dicir unha prosperidade compartida. Financiaremos a creación de empregos verdes e decentes, ademais de I+D+i, cunha reforma fiscal que taxe ante todo os recursos e os capitais.

#XOVESCONFUTURO

Unha Europa que dea resposta e horizontes de futuro aos anhelos vitais da súa xeración mellor preparada e non a condene á diáspora, que dea solucións ao drama do paro xuvenil cunha dotación de fondos suficientes á Garantía Xuvenil Europea e as políticas de emancipación.

#NONDEBEMOSNONPAGAMOS

Esiximos unha auditoría pública e cidadá da débeda, que permita evaluar a parte ilexítima da mesma e repudie o seu pago. Loitamos por unha nova gobernanza económica da UE, a democratización do Banco Central Europeo e unha armonización fiscal europea. Propoñemos unha unha taxa ás transaccións financeiras internacionais para evitar a especulación e financiar a solidariedade internacional.

#EUROPASOSTIBLE

Propoñemos un novo modelo enerxético europeo, libre de enerxías fósiles e nuclear, sen fracking e baseado nas enerxías renovables e a autosuficiencia. Loitamos por unha Europa á vangarda contra o cambio climático, garante do respecto á biodiversidade, o benestar animal, a nova cultura da auga e con políticas agrícolas e pesqueiras ambiental e socialmente xustas.

#FRATERNIDADEGLOBAL

Queremos converter á UE nunha voz internacional forte e unitaria na defensa da solidariedade, a liberdade e os dereitos humanos, a erradicación da pobreza e a dignificación da migración interna e externa. Debemos reducir o gasto militar e promover a seguridade humana e a promoción da paz.


Primavera Europea é unha iniciativa conxunta de

Coalició Compromís EQUO Chunta Aragonesista Democracia Participativa Por un mundo más justo Partido Castellano Coalición Caballas Coalición Caballas